Despois do exito da I Andaina alá polo mes de Outubro, hoxe os pais, nais, alumnos, alumnas, profes, amigos e amigas participaron na II Andaina organizada pola ANPA GONDERÁN.
Todo un éxito de asistencia, unhas 65 persoas entre nenos e nenas e adultos, que o pasamos moi ben, pola ruta dos muiños, logo comimos todos xuntos no lago Castiñeira e rematamos cunha visita guiada pola Aula da Natureza de Cotorredondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario