lunes, 9 de mayo de 2011

3ª ANDAINA. RUTA DA PREHISTORIA (8/5/2011)

Hoxe foi un día especial. Si, porque viaxamos cara o pasado. Mais, non nos movemos por unha historia morta, senón que, a través dos vestixios da xente que nos precedeu, palpamos aquela maneira de facer diferente.
Eu sentínme integrada nun rito funerario de fai miles de anos. Diante da Gran Mámoa, a miña imaxinación voou ata que puden observar as facianas toscas e o andar brusco daquela xente. Penso que non había pranto polo defunto. Tal como semellaba o estreito pasadizo que conducía o seu destino final, o tempo vivido na Terra só fora daquela un corredor cara o descanso absoluto. Seguramente do corpo, porque eles tamén pensarían que a alma era outra cousa. Ían cansos, porque aquel monumento espectacular acababa de ser estreado. Entraba alí o seu primeiro morador. E, levantar aquelas lousas coa única axuda da súa forza física, agotaba, malia que eran moitos e que traballaban en equipo, porque o futuro descoñecido trala morte, era o mellor futuro.....
para seguir leendo este relato de Maria Alonso sobre a andaina preme aquí